O Concello de Toén invita a todos os nenos e nenas con idades entre os 3 e os 14 anos a participar no Campamento de Verán 2026, que contará cun amplo programa de actividades como inchables, simulador de carreiras, toro mecánico, obradoiros e moitas máis propostas de lecer.

Para poder participar, os nenos e nenas de 3 anos deberán ter esa idade cumprida antes do comezo da quincena elixida e contar con autonomía para ir ao baño, xa que os monitores non se farán cargo de cambialos.


Datas e quincenas

O campamento celebrarase no grupo escolar durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, distribuído nas seguintes quincenas:

  • 1ª quincena de xullo: do 1 ao 15 de xullo, incluído.
  • 2ª quincena de xullo: do 16 ao 31 de xullo, incluído.
  • 3ª quincena de agosto: do 1 ao 14 de agosto, incluído.

Horario

  • Horario do campamento: de 10:00 a 14:00 horas.
  • Servizo de madrugadores: de 08:30 a 10:00 horas.

Solicitudes

O prazo de inscrición estará aberto do 10 ao 25 de xuño. As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición, dispoñible nas oficinas do Concello e na web municipal www.toen.gal.

A solicitude poderá entregarse nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica municipal: https://concellodetoen.sedelectronica.es.

Prazas

As prazas son limitadas por quincena. Para a adxudicación teranse en conta os seguintes criterios de prioridade:

  1. Nenos/as empadroados/as no Concello de Toén.
  2. Nenos/as con pais, nais, avós ou avoas empadroados/as no Concello de Toén.
  3. Resto de persoas.

Terase en conta a orde de presentación das solicitudes debidamente cumprimentadas.

Prezo por quincena

  • Persoas empadroadas: 30 €
  • Persoas non empadroadas: 100 €
  • Servizo de madrugadores: gratuíto

Dende o Concello de Toén animamos ás familias a participar nesta nova edición do Campamento de Verán.

Concello de Toén