O Concello de Toén invita a todos os nenos e nenas con idades entre 3 e 13 anos (3 anos cumpridos antes do comezo da quincena elexida e con autonomía para ir ó wc xa que os monitores non se farán cargo de cambialos), a participar no CAMPAMENTO DE VERÁN 2025, cun amplo programa de actividades como inchables, simulador de carreiras, toro mecánico, obradoiros…

Celebrarase no grupo escolar durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, e distribúese por quincenas:

  • 1ª Quincena de xullo: do 1 ó 15 de xullo incluído.
  • 2ª Quincena de xullo: do 16 ó 31 de xullo incluído.
  • 3ª Quincena de agosto: do 1 ó 14 de agosto incluído.

HORARIO:

  • De 10:00 a 14:00.
  • Servizo de madrugadores: de 08:30 a 10:00 horas.

SOLICITUDE:

PRAZAS:

  • Prazas limitadas por quincena.
  • Criterios de prioridade para a adxudicación das prazas:
    • 1. Nen@s empadroad@s no Concello.
    • 2. Nen@s con pais, nais, avós ou avoas empadroad@s no Concello.
    • 3. Resto de persoas.
  • Terase en conta a orde de presentación das solicitudes debidamente cumprimentadas.

PREZO (por quincena):

  • Persoas empadroadas………… 30 €
  • Persoas non empadroadas…..100 €
  • Servizo de madrugadores: gratuito