O Concello de Toén invita a todos os nenos e nenas con idades entre 3 e 13 anos (3 anos cumpridos antes do comezo da quincena elixida) a participar no CAMPAMENTO DE VERÁN 2024, cun amplo programa de actividades como inchables, simulador de carreiras, toro mecánico, obradoiros…

Celebrarase no grupo escolar durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, e distribúese por quincenas:

  • 1a Quincena de xullo: Do 1 o 15 incluído
  • 2a Quincena de xullo: Do 16 o 31 incluído.
  • 1a Quincena de agosto: Do 1 o 14 de agosto incluído.

HORARIO

  • De 10:00 a 14:00h
  • Servizo de madrugadores: de 8:00h a 10:00h

SOLICITUDE

  • Dende o 4 de xuño ata o 17 de xuño, cubrindo a ficha de inscrición e liquidación dispoñible nas oficinas do concello e na web www.toen.es.
  • Poderanse entregar por rexistro nas oficinas do Concello ou a través da sede electrónica. https://concellodetoen.sedelctronica.es.

PRAZAS

  • Prazas limitadas por quincena.
  • Criterios de prioridade para a adxudicación das prazas:
    1. Nenos e nenas empadroados/as no Concello.
    2. Nenos e nenas con pais, nais, avós ou avoas empadroados/as no Concello.
    3. Resto de persoas.
  • Terase en conta a orde de presentación das solicitudes debidamente cumprimentadas.

PREZO (por quincena)

  • Persoas empadroadas………… 30,00€
  • Persoas non empadroadas…… 100,00€
  • Servizo madrugadores………. Gratuíto