Aprobadas as bases para o concurso público para a concesión de subvencións a Asociacións de Veciños/as e outras entidades sen ánimo de lucro do Concello de Toén para o ano 2025.

ENTIDADES BENEFICIARIAS:

Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta convocatoria as asociacións e demais entidades sen ánimo de lucro, con domicilio social no Concello de Toén. Para poder optar ás subvencións as entidades deberán estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Toén na data de aprobación destas base polo órgano competente

SOLICITUDES: LUGAR DE PRESENTACIÓN E DOCUMENTACIÓN:

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse á Alcaldía, presentándoas obrigatoriamente de forma TELEMÁTICA e conforme aos modelos ou anexos recollidos nestas bases, e realizarase exclusivamente a través da sede electrónica do Concello de Toén en la dirección https://concellodetoen.sedelectronica.es, de acordo co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Conforme a devandito artigo, todos os trámites relativos a este procedemento realizaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica do Concello de Toén.

Os modelos oficiais serán publicados na sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es .

PRAZO DE SOLICITUDE: DENDE O 9 DE MAIO O 9 DE XUÑO DE 2025

 

BASES REGULADORAS (PDF)