BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS/AS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE TOÉN PARA O ANO 2024

  • O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DÍA 27 DE MAIO DE 2024
  • AS SOLICITUDES TEÑEN QUE PRESENTARSE OBRIGATORIAMENTE DE FORMA TELEMÁTICA A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN
  • OS MODELOS DE ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN

Os programas para os que se solicita a subvención deberán referirse a:

  • a. Actividades de carácter sociocultural, deportivo, recreativo ou formativo.
  • b. Actividades de promoción do asociacionismo e da participación cidadá na vida pública.
  • c. Actividades de fomento do desenvolvemento sostible e aquelas accións encamiñadas á utilización das novas tecnoloxías.
  • d. Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero

Bases (PDF)