O CONCELLO DE TOEN TEN ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA “AXUDAS POLO NACEMENTO OU ADOPCIÓN DUN/DUNHA FILLO/A DURANTE O ANO 2025”.

CONTIA DA AXUDA: 250€ por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a.

O pagamento realizarase a través da entrega dunha tarxeta para gastos relacionados coa maternidade e coas necesidades básicas do/a menor.

BENEFICIARIOS:

Pais, nais ou titores legais que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que o nacemento ou adopción tivese lugar entre as datas 01/12/2024 e 30/11/2025.
  • Que a persoa solicitante sexa española ou estranxeira con residencia legal en España.
  • Que a persoa solicitante estea empadroada no Concello de Toén cunha antigüidade mínima de 1 ano no momento do nacemento ou adopción.
  • De ser o caso, que a outra persoa proxenitora ou adoptante estea empadroada no Concello de Toén no momento da solicitude (en caso de autorización, comprobarase de oficio polo órgano instrutor do procedemento).
  • Que o/a neno/a este empadroado/a no domicilio da persoa solicitante no momento da solicitude.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 21 de marzo ata o 15 de decembro de 2025 no Concello de Toén

MAIS INFORMACIÓN. nos Servizos Sociais do Concello de Toén.