A Deputación Provincial de Ourense aprobou as bases reguladoras da concesión de axudas en especie para “ADQUISICIÓN DE LIBROS” (BOP Ourense no 183 do 24/09/2025)

REQUISITOS:

  • Ter nacido no ano 2007 ou posteriores
  • Estar empadroado/a nun concello da provincia de Ourense na data de publicación da convocatoria

CONTIA DA AXUDA:

  • Consiste na entrega dun libro por persoa beneficiaria cun custe máximo de 20 euros (IVE incluído).
  • A diferenza de prezo, se a houbera, deberá ser aboada polo/a solicitante.
  • Non se inclúen libros de texto nin material escolar

PRAZO E MODO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • A adquisición de libros poderá realizarse desde o 15 de outubro ata o 20 de decembro de 2025
  • As solicitudes deberán presentarse a través da web: https://plandelectura.depourense.gal
  • Unha vez cubertos os datos enviarase un código persoal por cada menor solicitante ao correo electrónico ou telefono facilitado que deberá presentarse no establecemento adherido para retirar o libro.
  • A listaxe de librarías e establecementos adheridos poderá consultarse na mesma páxina web.

Para calquera dúbida ou incidencia, a Deputación habilitou un formulario específico na propia web: https://plandelectura.depourense.gal/incidencias