Maio 22, 2026
Axudas para adaptar vivendas de persoas maiores
Axudas para adaptar vivendas de persoas maiores
O Concello de Toén informa da convocatoria 2026 da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores.
Importe da axuda
Ata 2.500 euros por persoa.
Quen pode solicitala
- Persoas maiores de 65 anos ou que os cumpran no ano 2026.
- Persoas empadroadas nun municipio da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes.
- A vivenda debe ser habitual e estar en propiedade, usufruto ou alugueiro.
Requisitos principais
- Renda anual igual ou inferior a 3 veces o IPREM.
- A actuación debe mellorar a autonomía, accesibilidade ou calidade de vida.
- Obras ou compras realizadas no ano 2026, desde o 1 de xaneiro de 2026.
Que se subvenciona
- Adaptación de baños: cambio de bañeira por prato de ducha, grifos, WC ou lavabo.
- Melloras de accesibilidade: portas, eliminación de chanzos ou adaptacións interiores.
- Melloras de habitabilidade: humidades, pavimentos, instalacións de auga, luz, gas, calefacción e saneamento.
- Axudas técnicas relacionadas coa autonomía da persoa solicitante.
Axudas técnicas incluídas
- Cama ou somier articulado, colchón antiescaras, grúas, arneses, cadeiras ou asentos de ducha.
- Butacas articuladas, coxíns, cuñas de posicionamento ou elementos similares.
Prazo de solicitude
O prazo remata o 17 de xuño de 2026.
As solicitudes tramitaranse por orde de entrada, coa documentación completa e correcta, ata esgotar os fondos dispoñibles. Recoméndase preparar a documentación con antelación.
Documentación básica
- DNI da persoa solicitante, se non autoriza a consulta.
- Certificado de empadroamento, se non autoriza a consulta.
- Certificado da renda 2025, se non autoriza a consulta.
- Orzamento da empresa a nome da persoa solicitante, cunha descrición detallada da obra, adaptación ou equipamento.
- Documento que acredite a propiedade, usufruto ou alugueiro da vivenda.
- No caso de adquisición de axudas técnicas, orzamento do material que se pretende mercar.
Para máis información e tramitación: Concello de Toén.
Teléfono: 988 261 074

