Aventura Máxica é un xogo interactivo para cativos de tódalas idades do Concello e arredores.

Consiste nunha adaptación das lendas e contos tradicionais das nosas parroquias a un xogo de scape room, no cal os nenos e nenas deberán resolver pistas para poder acabar cunha maldición que está asoballando as terras de Toén.

Quen pode xogar?: nenos e nenas de tódalas idades do Concello e achegados. Idades recomendadas: entre 6 e 15 anos.

Cando se pode xogar?: do 23 de decembro ao día 5 de xaneiro

Onde te podes anotar?: nas oficinas do Concello de Toén (presencial e telefónicamente) entre o 20 e o 30 de decembro

Quen organiza a actividade?: Asociación Amigos do Patrimonio de Toén e Concello de Toén.

Animamos a todas as familias con nenos e nenas a disfrutar desta inédita aventura máxica que paga a pena desfrutar en familia.