PREINSCRIPCIÓN BAILES AFROLATINOS

Infórmase ós veciños e veciñas do Concello de Toén que se abre o prazo de preinscripción na actividade de Bailes Afrolatines dende o día 10 ó 17 de setembro de 2025.

  • Data e hora: venres ás 22:00 horas
  • Lugar: Puga
  • Teléfono de preinscrición: 988261074 ou ben nas oficinas do Concello de luns a venres de 8:30 a 14:30

Se non se alcanza un mínimo de persoas inscritas non se levará a cabo a actividade.

No caso de formarse o grupo haberá un novo prazo de solicitude e aboamento taxa.

Accións de prevención e defensa contra incendios forestais conveniadas entre a Consellería de Medio Rural e a Entidade local de Toén

O Concello de Toén desenvolve durante os anos 2025 e 2026 accións de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

No ano 2025, os traballos inclúen desbroce manual e mecánico en espazos públicos de sete parroquias do municipio: Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Toén, Trelle e Xestosa.

  • Os desbroces manuais realizaranse en zonas de acceso máis complexo ou con presenza de vivendas próximas, tanto nas beiras de pistas (55.051 m²), como noutras superficies de titularidade pública (72.795 m²) sumando un total de 12,78 ha.
  • Os desbroces mecánicos, en áreas máis extensas e abertas, levaranse a cabo sobre beiras de pistas (extensión total de 409.993 m²), e noutras superficies (29.195m²), abranguendo unha superficie de 43.91 ha.

Estas intervencións contribúen á prevención de incendios forestais, á mellora da seguridade da poboación e á conservación sostible do territorio rural.

Premios V Concurso de Pinchos Toén a Bocados

Este mércores 25 ás 21.30h tivo lugar na Casa do Concello a entrega de premios do V Concurso Toén a Bocados, nas categorçias de xurado popular e xurado “VIP”. Tamén tivo lugar o sorteo dos regalos para os clientes que participaron votando ao seu pincho favorito.

PREMIOS XURADO POPULAR

1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato

2º Casa Ana. Petisco de Mugares

3º Café Bar Venecia . Tosta Fusión

PREMIOS XURADO “VIP”

1º Bar Pazos. Tosta de Vitello Tonnato

2º Casa do Peso. Bollito Volcán

3º Café Bar Venecia. Tosta Fusión

Nos próximos días porémonos en contacto cos premiados no sorteo de agasallos.

Grazas aos establecementos participantes nesta quinta edición, que despacharon máis de 1.500 pinchos nos tres días. Aos membros do xurado VIP por participar nesta experiencia. E a todos os veciños e visitantes que durante os tres días do concurso disfrutaron da nosa gastronomía no Concello de Toén.

ANUNCIO DE LICITACIÓN: Contratación explotación bar piscinas municipais tempada verán 2024

De acordo co decreto da Alcaldía de data 27/05/2024, faise pública a licitación da contratación que se especifica a continuación, con indicación de que a forma de concorrer a este procedemento de contratación pública é únicamente en formato electrónico, mediante a presentación das solicitudes de participación e proposicións a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) accesible desde a seguinte dirección web www.conselleriadefacenda.es/silex.

EXP. 378/2024 ANUNCIO DE LICITACIÓN (PDF)

PISCINAS MUNICIPAIS. VERÁN 2025

INFÓRMASELLE Á VECIÑANZA DE TOÉN QUE O VENRES DÍA 27 DE XUÑO ESTÁ PREVISTA A APERTURA AO PÚBLICO DAS INSTALACIÓNS DAS PISCINAS MUNICIPAIS EN HORARIO DE 12:00 a 21:30 HORAS .

PARA O ACCESO AO RECINTO PODERANSE ADQUIRIR AS ENTRADAS A TRAVÉS DA SEGUINTE LIGAZÓN OU NAS INSTALACIONS DO BAR DA PISCINA SI É PARA O MESMO DÍA. A ENTRADA DOS NENOS MENORES DE 4 ANOS É GRATUÍTA.

https://app.saudeter.com/reservas_galileo/684aa79b5644d9005f0c2486Read More

NIVEL DE ALERTA AMARELO: TEMPERATURAS MÁXIMAS

AVISO DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA

DATA DE ENVÍO: 15/06/2025

TIPOLOXÍA: TEMPERATURAS MÁXIMAS

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 166/71 GAL, emitido no día de hoxe ás 10:56 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TEMPERATURAS MÁXIMAS, NIVEL AMARELO, que se iniciará a partir do mediodía do día 16/06/2025 e se prolongará ata as últimas horas da tarde, e que afectará a OURENSE (MIÑO), onde as temperaturas poden acadar os 36º.

Ante calquera emerxencia chame ao 112.

No caso de precisar información máis puntual ou desagregada, chame ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, ou consulte as páxinas web de:

Proba de Sirenas – Plan de Emerxencia da Presa de “ VELLE”

Co fin da realización de probas das sirenas do “Plan de Emerxencia da Presa de VELLE”, vaise facer unha “proba de sonido” que será audible dende varios emprazamentos do Concello de TOÉN:

– MUGARES
– FREIXENDO
– ALONGOS
– QUENLLE

As probas vanse realizar o día 17 de xuño en horario de tarde.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google