Horario Piscinas

Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, dende o día 1 de agosto de 2024, o horario das piscinas municipais será de 12.00h a 21.00h.

Proceso de selección para cubrir 1 posto de traballo de socorrista

Aprobadas as bases de selección para cubrir 1 posto de traballo de persoal laboral temporal, faise público o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo.

  • Número e denominación do posto: 1 socorrista.
  • Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral a xornada completa.
  • Duración do contrato: ata o día 01/09/2024.
  • Sistema de selección: concurso de méritos.
  • Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es ).
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro electrónico do Concello de Toén dispoñible na sede electrónica no rexistro do Concello de Toén https://concellodetoen.sedelectronica.es, na oficina de asistencia en materia de rexistros situada na Rúa Ribadela 1, 32930, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

QUERES SER XURADO DO IV CONCURSO TOÉN A BOCADOS 2024?

QUERES SER XURADO CO IV CONCURSO TOÉN A BOCADOS 2024?

?? Si eres veciño ou veciña empadroada no Concello de Toén… e  non eres familiar directo de ningún establecemento participante

? Podes participar no sorteo para ser un dos cinco membros de xurado de Toén a Bocados!

QUÉ TERÍAS QUE FACER?

  • Visitar os oito establecementos e probar o pincho en cada un deles. Disporás de tickets pagados para que disfrutes do teu pincho e bebida.
  • Tomar nota da sensación que che deixa cada pincho: presentación, textura, sabor, orixinalidade, etc.
  • Asistir á reunión de deliberación do xurado e entreda de premios o domingo 14 de xullo na casa do concello, ás 20.00h (duración aproximada unha hora).

E sobre todo pasalo moi ben vivindo esta nova experiencia

Si queres participar envía un email co teu nome e teléfono de contacto a toenabocados@toen.es

O sorteo terá lugar o xoves día 4 de xullo ás 11.30h na casa do concello. A continuación contactarán cos elexidos por teléfono.

Anímate!

PISCINAS MUNICIPAIS 2024

Informase os veciños e veciñas do Concello de Toén que, a data de apertura das piscinas municipais será o venres día 28 de xuño de 2024, en horario de 14.00h a 21.30h, e pecharán o 1 de setembro de 2024.

PARA O ACCESO AO RECINTO PODERANSE ADQUIRIR AS ENTRADAS NA PORTADAS INSTALACIÓNS. A ENTRADA DOS NENOS MENORES DE 4 ANOS É GRATUÍTA.

ABONOS DE TEMPADA (EMPADROADOS NO CONCELLO):

  1. SERÁ OBRIGATORIA A SÚA SOLICITUDE ANTES DO DÍA DE APERTURA.
  2. PARA O ACCESO AS PISCINAS OS ABOADOS DEBERÁN

IDENTIFICARSE MEDIANTE DNI (Non se entregará carné físico).

    • Deberase presentar a correspondente solicitude xunto co impreso de liquidación e oxustificante de pagamento da taxa nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica https://concellodetoen.sedelectronica.es.
    • Os impresos deberán estar cubertos en todos os seus campos e deberase efectuar o pagamento da taxa regulada na ordenanza fiscal publicada no BOP núm. 113 do 24.05.2011 (modificación BOP núm. 165 do 19.07.2013), na conta do Concello de Toén que se detalla no modelo de solicitude.
    • Os modelos de solicitude e liquidación estarán dispoñibles na páxina web municipal www.toen.gal
Infórmase os empadroados e empadroadas noConcello de Toén que, non hai limite para asolicitude dos abonos por tempada.
Para o acceso as piscinas os aboados deberán identificarse mediante DNI. Non se entregará carné físico.

AS TARIFAS DOS BONOS SON AS SEGUINTES:

ABONOS POR TEMPADA

PARA AS PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE TOÉN:

FAMILIAR (pais e fillos menores de 15 anos) 18 €
ADULTOS (maiores de 15 anos) 10 €
MENORES (de 4 a 14 anos incluído) 3 €

VISITANTES (non empadroados no Concello de Toén):

Os bonos estarán dispoñibles na taquilla das piscinas municipais.
BONO 15 DÍAS 15 €
BONO 7 DÍAS 8 €

Documentos

Nota Informativa (PDF)

Bando (PDF)

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O Concello de Toén invita a todos os nenos e nenas con idades entre 3 e 13 anos (3 anos cumpridos antes do comezo da quincena elixida) a participar no CAMPAMENTO DE VERÁN 2024, cun amplo programa de actividades como inchables, simulador de carreiras, toro mecánico, obradoiros…

Celebrarase no grupo escolar durante o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, e distribúese por quincenas:Read More

CONTRATACIÓN EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS MUNICIPAIS TEMPADA VERÁN 2024

O obxecto do contrato é a explotación do bar das piscinas municipais, situadas en Ribadela s/n, Toén, durante a tempada de verán 2024, cuxa codificación é CPV 55410000.

A contratación deste servizo xustifícase na conveniencia de que as persoas usuarias das piscinas municipais dispoñan do servizo de bar nas propias instalacións.

Dada a natureza da prestación obxecto deste contrato non é posible a súa división por lotes.Read More

CHARLA INFORMATIVA: FLAVESCENCIA DOURADA DA VIDE

CHARLA INFORMATIVA FLAVESCENCIA DOURADA DA VIDE

A flavescencia dourada é unha grave praga da vide que está afectando a plantacións dentro da DO Ribeiro. Toén non é endémico neste momento, sen embargo a Consellería de Medio Rural e o Concello de Toén organizan esta charla informativa para que podan identificar e protexer as súas videsRead More

BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS/AS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

BASES CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS/AS E OUTRAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DO CONCELLO DE TOÉN PARA O ANO 2024

  • O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O DÍA 27 DE MAIO DE 2024
  • AS SOLICITUDES TEÑEN QUE PRESENTARSE OBRIGATORIAMENTE DE FORMA TELEMÁTICA A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN
  • OS MODELOS DE ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE TOÉN

Read More

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google