Acto de nomeamento da Praza do Labardeiro en Mugares
O Concello de Toén convida a todos os veciños e veciñas do municipio ao acto de nomeamento da Praza do Labardeiro en Mugares, denominación aprobada por acordo do Pleno da Corporación Municipal celebrado o 16 de xullo de 2026.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 3 de outubro, ás 12:30 horas, na praza situada fronte á Fonte do Tellado, en Mugares.
Información do acto
- Data: sábado 3 de outubro
- Hora: 12:30 h
- Lugar: praza fronte á Fonte do Tellado, Mugares
O Concello de Toén anima á veciñanza a participar neste acto de nomeamento e a acompañarnos nesta xornada.
Concello de Toén
Ximnasia de mantemento en Mugares 2026-2027
O Concello de Toén informa da posta en marcha da actividade de ximnasia de mantemento en Mugares para o curso 2026-2027.
A actividade desenvolverase desde o 13 de outubro de 2026 ata finais de maio de 2027, con clases dous días á semana no Local Social de Mugares.
Prazo de inscrición
O prazo para inscribirse estará aberto do 28 de setembro ao 7 de outubro de 2026.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e liquidación, dispoñible nas oficinas do Concello e na sede electrónica municipal:
Acceder á sede electrónica do Concello de Toén
Prezos
- Persoas empadroadas no Concello de Toén: 60 €
- Persoas non empadroadas no Concello de Toén: 100 €
O pagamento realizarase mediante transferencia ou ingreso na conta facilitada no modelo de liquidación.
Horario e lugar
- Días: martes e venres
- Horario: de 19:30 a 20:15 horas
- Lugar: Local Social de Mugares
Información importante
No caso de suspensión da actividade por falta de aforo ou por outro motivo xustificado, as persoas inscritas poderán incorporarse ás clases doutra parroquia do Concello na que se desenvolva a actividade. Non se devolverá o importe do prezo público.
O Concello de Toén anima á veciñanza a participar nesta actividade e a desfrutar dos beneficios da práctica regular de exercicio físico.
Concello de Toén
Obradoiro de Manualidades 2026-2027
O Concello de Toén pon en marcha unha nova edición do Obradoiro de Manualidades para o curso 2026-2027, dirixido ás persoas maiores de idade do municipio.
A actividade terá unha duración de 6 meses e desenvolverase desde o mércores 14 de outubro de 2026 ata o 30 de abril de 2027.
Prazo de inscrición
O prazo para inscribirse estará aberto do 28 de setembro ao 9 de outubro de 2026, ambos incluídos.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e liquidación, dispoñible nas oficinas do Concello e na web municipal.
Prezo
A taxa da actividade é de 50 €.
O pagamento realizarase mediante transferencia ou ingreso na conta facilitada no modelo de liquidación dispoñibles nas oficinas do concello e na web https://concellodetoen.sedelectronica.es/
Horario e lugar
- Día: mércores
- Horario: de 16:00 a 18:00 horas
- Lugar: Local Social de Toén
O Obradoiro de Manualidades ofrece un espazo para desenvolver a creatividade, aprender e practicar diferentes técnicas e compartir unha actividade de lecer e convivencia.
O Concello de Toén anima á veciñanza interesada a participar nesta nova edición.
Concello de Toén
Inauguración oficial do novo Campo de Fútbol Municipal As Pombeiras (Nova Data)
O Concello de Toén celebrará o vindeiro luns 14 de setembro, a partir das 19:30 horas, a inauguración oficial do novo Campo de Fútbol Municipal As Pombeiras.
Será unha xornada de portas abertas na que todos os veciños e veciñas do municipio poderán coñecer polo miúdo esta nova instalación deportiva, destinada a converterse nun espazo de referencia para o deporte local.
Inauguración oficial
O acto contará coa asistencia do vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, e do presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, que estarán acompañados polo alcalde do Concello de Toén, Ricardo González, e pola corporación municipal.
Unha celebración co deporte local como protagonista
Con motivo da apertura do novo campo, os catro equipos locais participarán nun encontro amigable para celebrar xunto coas súas afeccións a inauguración das novas instalacións.
- C.D. Moreiras
- Toén FS
- Atlético Trelle
- Veteranos de Toén
A xornada permitirá compartir unha tarde de deporte e convivencia e coñecer de primeira man o novo Campo de Fútbol Municipal As Pombeiras.
Información da inauguración
- Data: luns 28 de setembro
- Hora: 19:30 h
- Lugar: Campo de Fútbol Municipal As Pombeiras
- Portas abertas
Vémonos no campo de As Pombeiras!
Concello de Toén

Programa Municipal de Fomento do Deporte para Todos 2026-2027
Programa Municipal de Fomento do Deporte para Todos 2026-2027: ximnasia de mantemento e pilates
O Concello de Toén pon en marcha unha nova edición do Programa Municipal de Fomento do Deporte para Todos 2026-2027, dirixido á veciñanza do municipio e que contará con actividades de ximnasia de mantemento e pilates.
As actividades desenvolveranse do 1 de outubro de 2026 ata finais de maio de 2027, con diferentes horarios e localizacións para facilitar a participación da veciñanza.
Prazo de inscrición
O prazo para inscribirse estará aberto do 14 ao 25 de setembro de 2026.
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e liquidación, dispoñible nas oficinas do Concello e na sede electrónica municipal:
Acceder á sede electrónica do Concello de Toén
Prezos
Persoas empadroadas no Concello de Toén
- Ximnasia de mantemento: 60 €
- Pilates: 60 €
Persoas non empadroadas no Concello de Toén
- Ximnasia de mantemento: 100 €
- Pilates: 100 €
O pagamento da taxa realizarase mediante transferencia ou ingreso nas contas facilitadas no modelo de liquidación.
Horarios e lugares
Luns e mércores – Puga e Alongos
- Puga (antiga escola): ximnasia de mantemento de 18:30 a 19:15 h.
- Alongos (Local A Graveira): ximnasia de mantemento de 19:30 a 20:15 h.
Martes e xoves – Moreiras
Casa da Cultura:
- Ximnasia de mantemento: de 19:00 a 19:45 h.
- Pilates: de 20:00 a 20:45 h.
Martes e xoves – Toén
Local do campo da festa:
- Ximnasia de mantemento: de 18:00 a 18:45 h.
O Concello de Toén anima á veciñanza a participar neste programa municipal, unha oportunidade para practicar actividade física de forma regular e fomentar hábitos de vida activos e saudables.
Concello de Toén
Cambio de Horario Piscinas
A PARTIR DO VENRES 7 DE AGOSTO DE 2026 O HORARIO DAS PISCINAS MUNICIPAIS SERÁ DE 14:00 A 21:00 HORAS
Convocatoria de subvencións para asociacións e entidades sen ánimo de lucro de Toén
O Concello de Toén informa da publicación da convocatoria de subvencións dirixidas ás asociacións de veciños/as e demais entidades sen ánimo de lucro do municipio para o ano 2026.
Estas axudas teñen como finalidade apoiar o desenvolvemento de actividades que contribúan á dinamización social, cultural, deportiva e participativa do Concello.
Quen pode solicitar as axudas?
Poderán presentar solicitude as asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro que:
- Teñan o seu domicilio social no Concello de Toén.
- Estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello na data de aprobación das bases da convocatoria.
Actividades subvencionables
As subvencións están destinadas a apoiar programas relacionados con:
- Actividades socioculturais, deportivas, recreativas ou formativas.
- Promoción do asociacionismo e da participación cidadá.
- Fomento do desenvolvemento sustentable e utilización das novas tecnoloxías.
- Promoción da igualdade entre mulleres e homes e prevención da violencia de xénero.
Contía máxima
Cada entidade poderá recibir unha subvención de ata 700 euros.
Prazo de presentación
O prazo para presentar as solicitudes será de 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Bases e información
As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Toén e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
O Concello de Toén anima ás asociacións e entidades do municipio a presentar os seus proxectos e aproveitar esta convocatoria de axudas para impulsar iniciativas de interese social, cultural, deportivo e comunitario.
Concello de Toén
Nova actividade gratuíta de Taichi en Moreiras
O Concello de Toén pon en marcha unha nova actividade gratuíta de Taichi, dirixida a todas aquelas persoas que desexen mellorar o seu benestar físico e mental a través desta disciplina milenaria.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Fomento do Deporte e ofrece unha oportunidade para practicar exercicio suave, mellorar o equilibrio, a coordinación e a concentración, ademais de contribuír á redución do estrés e ao mantemento dunha vida activa e saudable.
Información da actividade
- Inicio: 1 de xullo
- Horario: de 10:00 a 11:00 horas
- Lugar: Parque Municipal de Moreiras (ao carón da praza)
- Actividade gratuíta
Inscricións
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono:
988 261 074
“Mente tranquila, corpo forte, vida plena”
O Concello de Toén anima á veciñanza a participar nesta actividade saudable e accesible para todas as idades.
Organiza: Concello de Toén, coa colaboración da Deputación de Ourense.

Información sobre as parroquias priorizadas para a xestión da biomasa forestal
O Concello de Toén informa á veciñanza de que, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA para o período 2026-2029 en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, foron seleccionadas varias parroquias do municipio como parroquias priorizadas para a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
Parroquias incluídas
- Toén (Santa María)
- Moreiras (San Pedro)
- Xestosa (Santa María)
Nestas parroquias, a Administración autonómica realizará a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias co obxectivo de mellorar a prevención e defensa fronte aos incendios forestais.
Participación voluntaria
O acceso a este servizo será voluntario para as persoas responsables dos terreos afectados e efectuarase a través do Concello, mediante a formalización do correspondente contrato de xestión da biomasa segundo o modelo establecido no convenio.
Custe do servizo
A tarifa establecida para as persoas que formalicen o contrato será de 420 euros por hectárea e anualidade durante o período 2026-2029.
Como exemplo, o custo dunha actuación nunha parcela de 1.000 metros cadrados sería de 42 euros anuais.
O contrato terá unha validez dun ano, podendo solicitarse a súa renovación anualmente ata o ano 2029.
Consulta das faixas secundarias
As persoas interesadas poden consultar as faixas secundarias das parroquias priorizadas a través do Visor de Faixas da Xunta de Galicia:
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais do Concello de Toén.
Concello de Toén
