Gran festa infantil
25 de agosto (xoves). Gran festa infantil. Ludoteca móbil.
Horario: de 18.00h a 20.30h
Lugar: campo da festa de Moreiras
Zona inchables para nenos de 3 a 7 anos. Inchable con obstáculos e goteo
Zona maiores para nenos de 8 a 14 anos con actividades interactivas, whipeout, eliminator
Festa da espuma
Convenio de prevención e defensa contra incendios
O Concello de Toén o día 23/06/2022 un Convenio interadministrativo coa Consellería do Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2022, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (Exp. 177/2022).
Neste convenio a Consellería do Medio Rural comprométese a achegar ao Concello a contía máxima de 39.000,00 €, dos cales 20.500,00 € pertencen ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, submedida 8.30.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2022 DO CONCELLO DE TOÉN
Dende mañá abrimos plazo de inscripción para o campamento de verán.
NOVEDADE IMPORTANTE‼️: Atendendo ás suxerencias de moitas familias, e co fin de dar máis opcións e facilitar a conciliación familiar, ampliamos unha quincena máis a oferta, quedando do seguinte xeito:
OPCIÓN 1: Primeira quincena de xullo. Número de plazas: 30
OPCIÓN 2: Segunda quincena de xullo. Número de plazas: 30
OPCIÓN 3: Primeira quincena de agosto. Número de plazas: 30
Ainda que os costes suben para todos no día a día mantemos o prezo para os nenos e nenas do Concello de Toén
Toén a bocados
Outro ano máis poderemos saborear os pinchos que os nosos hosteleiros prepararán os vindeiros 3, 4, 10 e 11 de Xuño de 19:00h ata 22:30h.
Haberá premios para os participantes.
OBRAS NA CUBERTA DA IGREXA DE SAN PEDRO DE MOREIRAS
Hoxe o Delegado Provincial da Xunta de Galicia Gabriel Alen Castro e á Xefa Territorial da Consellería de Educación, Cultura e Universidade Judith Fernandez fixeron unha visita ás obras na cuberta da Igrexa Parroquial de San Pedro de Moreiras.
Unha actuación que vai solucionar o problema de humidades e o deterioro do templo por este motivo, e que engadida á obra executada no 2020 suman máis de 215.000€ para protexer e manter unha das xoias do patrimonio de Toén.