O Concello de Toén informa á veciñanza da apertura ao público das instalacións das Piscinas Municipais de Toén para a tempada de verán 2026.

A apertura está prevista para o venres 26 de xuño, en horario de 14:30 a 21:30 horas.


Entradas

As entradas poderán adquirirse a través da plataforma de reservas online ou directamente nas instalacións do bar da piscina para o mesmo día.

A entrada para menores de 4 anos é gratuíta.


Acceder á reserva de entradas

Abonos de tempada para persoas empadroadas

As persoas empadroadas no Concello de Toén deberán solicitar o seu abono antes da apertura das piscinas a través da plataforma de reservas.

A validación dos abonos e entradas para persoas empadroadas realizarase nas 24-48 horas hábiles seguintes á solicitude.

Tarifas de abonos de tempada

  • Abono familiar (pais e fillos menores de 15 anos): 18 €
  • Abono adulto (maiores de 15 anos): 10 €
  • Abono infantil (de 4 a 14 anos): 3 €

Entradas individuais para empadroados

  • Adultos (+14 anos): 1 €
  • Infantil (4 a 14 anos): 0,50 €

Para beneficiarse destas tarifas reducidas é necesario solicitar previamente a entrada a través da aplicación para que poida verificarse o empadroamento.

Tarifas para visitantes (non empadroados)

Bonos

  • Bono 15 días: 15 €
  • Bono 7 días: 8 €

Entradas individuais

  • Adultos (+14 anos): 2 €
  • Infantil (4 a 14 anos): 1 €

O Concello de Toén deséxalles a todos os usuarios unha excelente tempada de baño e convida á veciñanza e visitantes a desfrutar destas instalacións municipais.

Concello de Toén