⚠️ Mesmo que non esteamos acostumados á neve, este temporal pode afectar estradas e servizos.

👉 Evita desprazamentos innecesarios.

👉 Queda prohibida calquera actividade no exterior https://www.axega112.gal/gl/content/leva-cadeas-no-teu-vehiculo

👉 Coida das persoas maiores ou dependentes.

👉 Mantente informado polas canles oficiais: AEMET, MeteoGalicia e Concello.

👉 O Concello está preparado e coordinado para actuar se fai falta.

Prudencia e prevención.

Ante calquera emerxencia chame ao 112

_______________________

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 45/71GAL emitido o día 22/01/2026 ás 11:42 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS NIVEL AMARELO que afectará a partir da tarde do día de hoxe ás zonas de LUGO (Montaña), con acumulacións de neve de ata 10 cm en cotas por riba de 400 m, e a OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 10 cm por riba dos 800 m. Este fenómeno, acompañado de ventisca, se extenderá a partir das 00:00 do día 23 as zonas de A CORUÑA (interior) con acumulacións de 2 cm por enriba dos 400 metros, e a LUGO (Centro) e OURENSE (Miño, e Valdeorras) con acumulacións de ata 4 cm por enriba dos 400 metros.

Asemade, se espera para o mediodía do día de hoxe VENTOS de NIVEL AMARELO na provincia de A CORUÑA e provincia de LUGO, OURENSE (Montaña) e provincia de PONTEVEDRA. Para mañá, o VENTO de NIVEL AMARELO se manterá nas zonas de A CORUÑA (Oeste, Noroeste e Suroeste) LUGO (A Mariña) e PONTEVEDRA (Rías Baixas). A partir das 00:00 do día 23, o fenómeno de NEVADAS acadará NIVEL LARANXA nas zonas de LUGO (Sur); OURENSE (Noroeste, Sur); PONTEVEDRA (Interior), con acumulacións de ata 5 cm en cotas por enriba dos 400 metros e ventiscas e OURENSE (Montaña) con acumulacións de ata 20 cm en cotas por enriba dos 400 m.

Doutra banda, a predicción de METEOGALICIA sinala que o fenómeno de nevadas tamén acadará nivel LARANXA para o día de mañá en LUGO (Centro e Montaña) e en OURENSE (Miño e Valdeorras).

Polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunícalles que, en previsión destes feitos: ADOPTEN as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, ALERTEN ou MOBILICEN aos medios e recursos a dispor.

_______________________