Poño no seu coñecemento que, na data que se indica, o Pleno da Deputación Provincial de Ourense adoptou o seguinte acordo:

  1. Instar o Ministerio do Interior a que, en coordinación coa Dirección Xeral da Garda Civil, proceda a reforzar de maneira prioritaria os efectivos asignados na provincia de Ourense.
  2. Solicitar o Ministerio do Interior o incremento e mellora de recursos materiais, medios técnicos e de seguridade destinados aos cuarteis e postos da Garda Civil que prestan servizo na nosa provincia, co fin de mellorar a seguridade dos propios axentes, así como a súa operatividade e capacidade de resposta.
  3. Instar ao Goberno de España a dotar a todos os postos e cuarteis de Garda Civil de sistemas de subministración eléctrica de emerxencia, para que ante calquera eventualidade, xa sexa meteorolóxica, enerxética, etc. podan seguir prestando os servizos con normalidade en situacións de crise.
  4. Informar á cidadanía da aprobación desta moción e das accións emprendidas para garantir unha maior presenza de efectivos e mellora dos servizos de seguridade, así como de protección da natureza.
  5. Dar traslado da presente moción, unha vez aprobada, ao Ministerio do Interior, á Delegación do Goberno en Galicia, á Dirección Xeral da Garda Civil e aos Concellos da provincia de Ourense.

En Ourense a 30 de xuño de 2025.