O Concello de Toén desenvolve durante os anos 2025 e 2026 accións de prevención e defensa contra incendios forestais, no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

No ano 2025, os traballos inclúen desbroce manual e mecánico en espazos públicos de sete parroquias do municipio: Alongos, Feá, Moreiras, Mugares, Toén, Trelle e Xestosa.

  • Os desbroces manuais realizaranse en zonas de acceso máis complexo ou con presenza de vivendas próximas, tanto nas beiras de pistas (55.051 m²), como noutras superficies de titularidade pública (72.795 m²) sumando un total de 12,78 ha.
  • Os desbroces mecánicos, en áreas máis extensas e abertas, levaranse a cabo sobre beiras de pistas (extensión total de 409.993 m²), e noutras superficies (29.195m²), abranguendo unha superficie de 43.91 ha.

Estas intervencións contribúen á prevención de incendios forestais, á mellora da seguridade da poboación e á conservación sostible do territorio rural.