O Concello de Toén vén de recibir unha subvención do INSTITUTO PARA A DIVERSIFICACIÓN E AFORRO DA ENERXÍA (IDAE) DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA por importe de 319.755,08 €, ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE nº 144, do 17/06/2017), para a execución do proxecto RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR EN TOÉN (I), cun investimento total de 399.693,86 €, que constitúe a segunda fase dun ambicioso proxecto de renovación global da iluminación pública de todo o Concello.