Saúdo do Alcalde

Compráceme darlles a benvida ao Concello de Toén, tanto si son veciños do noso municipio como si se atopan vostedes de visita. Toén é un municipio que harmoniza de xeito único a vida no rural e a proximidade á cidade de Ourense, sen dúbida un dos motivos polo que cada ano novos veciños deciden mudarse dende outros lugares ao noso concello.

Toén ten unha extensión de 56 km2 divididos en oito parroquias. Cada unha delas senlleira,   representa un excelente lugar onde vivir e onde traballar tanto por uns servizos municipais de gran calidade como pola proximidade coa cidade de Ourense e co nó de conexións coa A-52 -que une Vigo e Madrid- e a autopista AG-53, que nos conecta con Santiago e A Coruña.

Desfruten do Entroido de Mugares -declarado de interese provincial-, dos nosos viños D.O. Ribeiro, do paso maxestuoso do río Miño, do paseo tranquilo polos nosos pobos, da arquitectura e historia das nosas igrexas e capelas, da conexión coa natureza observandoa dende os nosos miradores ou descubrindo as nosas rutas de sendeirismo… en definitiva verán que sobran os motivos para coñecer Toén.

Descubran o contido desta páxina web. Nela atoparán información moi interesante para preparar a súa visita, coñecer os nosos servizos ou profundizar no coñecemento do noso patrimonio.

En Toén son sempre benvidos, tanto si nos visitan virtualmente como si o fan de xeito presencial.

Ricardo González Gómez
Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google