Compostaxe doméstica
Si desexan ter un composteiro para a xestión dos residuos orgánicos do fogar poden solicitalo á oficina do Concello. As compañeiras de Administración collerán os seus datos e tramitarán os pedidos.
Requisitos:
· Ter a primeira residencia no concello de Toén.
· Non ter un composteiro de anteriores campañas.
· Ter polo menos 50 metros cadrados de horta ou xardín.
· Comprometerse a estar presente ma vivenda para as visitas de seguimento da campaña.
Toén máis verde
Todos temos a obriga de coidar no posible o noso entorno, e por este motivo, o Concello de Toén deixará de utilizar herbicida nos nosos núcleos de poboación de forma inmediata.
Contratación das obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares.
A actuación que constitúe o obxecto do contrato, consiste nas obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares, no concello de Toén.
Na presente contratación non resulta posible a división do obxecto do contrato en lotes polo risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, xustificada en que, coa división en lotes do obxecto do contrato, perderíase a optimización do control da execución global do contrato.
PREINSCRIPCIÓN PARA A ESCOLA INFANTIL
A escola infantil abre o prazo de preinscripción dende o 24 de marzo ó 12 de abril.
Para máis información: 988261254/608500237
Horario de atención de 8:00 a 16:00
Mellora do saneamento en As Quintas e A Gradeira
A Consellería de Infraestruturas adxudicou a execución do bombeo de augas residuais nos centros As Quintas e A Gradeira, no concello de Toén, á empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia. O contrato ten un importe de 38.000 euros e ten un prazo de execución de tres meses.
Máis información nova do Faro de Vigo Mejora del saneamiento en As Quintas y A Gradeira, Toén – Faro de Vigo