PR-G 186

SENDEIRISMO

PR-G 186 RUTA MOREIRAS

Este percorrido sorprende polas suas espectaculares vistas sobre o río Miño, así como pola riqueza arquitectónica do concello de Toén.

Iniciando o roteiro en Moreiras, a senda percorre os seus primeiros tramos polo núcleo urbano que conta con construcións ben conservadas e de boa factura, como a súa praza e fonte de 1895, a Casa do Patín ou a barroca fachada da igrexa de San Pedro.

O longo trazado deste carreiro transcorre principalmente por pistas amplas, salvo os camiños antigos entre aldeas ou as sendas  tortuosas do bosque de Coto Louredo. Durante a senda, alternaremos zonas de matogueira con outras de bosque denso, con sobreiras, castiñeiros, madroños, carballos e acivros.

En Coto Louredo poderemos gozar das vistas sobre o val do río Miño, en concreto desde o miradoiro natural e a cova de Cima da Granxa ou desde Penedo Fendido. En Mugares, a senda pasa xunto á ermida das Angustias, así como xunto á igrexa de Santa María e a súa blasonada reitoral.

O roteiro visita tamén os núcleos de Toén, Trellerma e Trelle con casas antigas e edificios relixiosos dignos de ser visitados. Existen dúas variantes ben indicadas que permiten acurtar o roteiro.

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google