A actuación que constitúe o obxecto do contrato, consiste nas obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares, no concello de Toén.

Na presente contratación non resulta posible a división do obxecto do contrato en lotes polo risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, xustificada en que, coa división en lotes do obxecto do contrato, perderíase a optimización do control da execución global do contrato.

O obxecto desta contratación está constituído, polo tanto, polo conxunto de actuacións necesarias para acadar a satisfacción das necesidades públicas definidas polo órgano de contratación e previstas no proxecto, tendo en conta que, de acordo co artigo 125.1 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas: «Os proxectos deberán referirse necesariamente a obras completas, entendendo por tales as susceptibles de ser entregadas ao uso xeral ou ao servizo correspondente, sen prexuízo das ulteriores ampliacións das que posteriormente podan ser obxecto e comprenderán todos e cada un dos elementos que sexan precisos para a utilización da obra», sinalando no apartado 4 para o caso das obras de reforma, reparación ou conservación e mantemento que os proxectos «… deberán comprender todas as necesarias para acadar o fin proposto».

Máis información Detalle procedemento: 801583 – Contratos Públicos de Galicia (contratosdegalicia.gal)