Este venres ás 21.00h estréase o capítulo de Arrieros Somos grabado en Toén. Un capítulo cheo de sensibilidade e empoderamento dunha xeración que soubo estar á altura das circunstancias antes e durante a pandemia.

Dona Celsa compartirá connosco as súas experiencias vitais e sen querelo, daranos máis dunha lección de vida para quen as precisemos.

Poderemos velo na canle de Youtube Orgullo Galego