COLOQUIO HOMENAXE ÁS MULLERES DO CONCELLO DE TOÉN
Este venres día 8, Día Internacional da Muller, celebramos un coloquio con mulleres diversas do concello: diferentes edades, profesións e experiencia vitales. A cita será as 18:30 no salón de plenos.
Ven a escoitalas e celebremos esta homenaxe á Muller do Concello de Toén.
Mulleres do concello, de distintas edades e experiencias, falarán das súas vidas e os tempos que lembran e viven.
Moderan: Mariví Iglesias Castelo e Rosa María Feijóo Rebollo
Haberá un pequeno convite ao rematar o coloquio
Obradoiro de Memoria
DATA DE INICIO:
- TOÉN – 4 de marzo
- MOREIRAS – 1 de marzo
XESTOSA- 1 de marzo
LUGAR DE INSCRICIÓN: Concello de Toén
DURACIÓN:
- 11 sesións entre marzo e maio e 10 sesións entre setembro e decembro en Toén e Moreiras
- 11 sesións entre marzo e maio en Xestosa
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o martes 27 de febreiro
CUSTO: Toén e Moreiras 20€ e Xestosa 10€
O PAGAMENTO DA TAXA REALIZARASE MEDIANTE INGRESO OU TRANSFERENCIA NAS CONTAS FACILITADAS NO MODELO DE LIQUIDACIÓN
HORARIO
- TOÉN Luns de 16:30h a 18:00 h no Local Social
- XESTOSA Venres de 16:00 a 17:30 h no Local Social
- MOREIRAS Venres de 18:00h a 19:30 h na Casa da Cultura
O Centro de Saúde de Toén seguirá dispoñendo de dous médicos
Nos últimos días estamos a recibir consultas sobre a situación dos médicos no Centro de Saúde, por este motivo informo para o coñecemento de veciños e veciñas:
Dende os primeiros días de febreiro o Centro de Saúde de Toén conta provisionalmente cun só médico.
Actualmente o SERGAS está rematando un concurso de traslados de médicos. Por este motivo o doutor que estivo últimamente marchou, para tomar posesión da súa praza.
A praza vacante pola xubilación da Dra. Alicia Blanco cubrirase á maior brevidade unha vez rematado o concurso de traslados actual.
Deste xeito, está garantizado que os veciños e veciñas do Concello de Toén seguiremos contando con dóus médicos como ata agora.
Lamento as incomodidades e esperas nas citas médicas que estamos a sufrir nas últimas semanas, alleas á xestión do Concello, e insisto en que moi pronto voltaremos á normalidade con dous médicos.
O alcalde
Ricardo González Gómez.
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARROZAS E COMPARSAS DE ENTROIDO DO CONCELLO DE TOÉN
1. OBXECTO
O obxecto das presentes bases é regular o réxime de concesión de premios para o Concurso de carrozas e comparsas de Entroido do Concello de Toén, que terá lugar nun desfile que se celebrará o sábado 17 de febreiro de 2024 no pobo de Mugares.
A hora e lugar exacto de comezo do desfile será comunicado oportunamente ás persoas participantes, así coma a súa orde de participación.Read More
IV Concurso de decoración de Nadal
Xanelas, balcóns, fachadas, peches, fincas ou escaparates do Concello de Toén
CATEGORÍAS:
- Individual
- Grupo (Pobo, barrio, grupo de veciños. etc…)
Poderán participar todas as persoas empadroadas e maiores de idade que decoren xanelas, balcóns, fachadas, peches, fincas ou escaparates no termo municipal de Toén, que sexan visibles dende o espazo público. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo, sempre que a temática xire en torno ao ambiente de Nadal. No caso da categoría de grupo, poderase ocupar espazo público previa comunicación ao Concello.Read More
DECLARACIÓN CONCELLO DE TOÉN: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
A violencia contra ás mulleres maniféstase de forma física, sexual e psicolóxica. E unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Todos os poderes públicos temos o deber de adoptar as medidas necesarias para facer estes dereitos reais e efectivos.
Como cada 25 de Novembro, hoxe conmemórase o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Dita data foi instaurada por primeira vez pola Organización de Nacións Unidas en 1993.
O Concello de Toén reitera un ano máis a súa firme condena de calquera expresión de violencia contra as mulleres, así como todas e cada unha das manifestacións da mesma.Read More
O Concello de Toén únese á celebración do 25N
Estimados veciños e veciñas,
O Concello de Toén únese á celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. O Concello de Toén rexeita calquera conducta violenta contra a muller así como a pasividade ou indiferencia ante tales actos.
Con tal fin, o venres 24 de novembro ás 11.30h terá lugar a lectura pública da Declaración da Corporación do Concello de Toén no Salón de Plenos do Concello para a Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Todos os veciños e veciñas están convidados a participar deste acto.
DÍA 24 DE NOVEMBRO
HORA: 11:30h
LUGAR: SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE TOÉNRead More
IX CONCURSO FOTOGRÁFICO CALENDARIO 2024 DO CONCELLO DE TOÉN
PARTICIPA COAS TUAS MELLORES FOTOS DE TEMÁTICA RECOÑECIBLE DO CONCELLO DE TOÉN:
COSTUMES, FESTAS, PAISAXES, PATRIMONIO, TRADICIÓNS…
PREMIOS:
- 1° PREMIO: IMAXE DO CALENDARIO 2024 e 150€
- 2° PREMIO: 100€
Obradoiro de Manualidades 2023-2024
- DIRIXIDO AOS VECIÑOS/AS DO CONCELLO MAIORES DE IDADE
- DURACIÓN DA ACTIVIDADE: 6 MESES.
- INICIO: MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO ATA FINAIS DE MAIO DO 2024.