PISCINAS MUNICIPAIS 2021
Chega o verán, e con él, a apertura das piscinas municipais.
Para poder conseguir calqueira dos bonos terá que cubrir a solicitude e entregala nas oficinas municipais. Prema aquí solicitude bonos
A GOLDEN RIVER RACE pasará por Toén
A regata máis longa por etapas de toda Europa pasará por Toén.
Hoxe presentouse en Castrelo de Miño a Golden River Race, que unirá Lugo, Ourense e Pontevedra.
Na segunda etapa, Ourense-Castrelo de Miño, Toén será un punto relevante xa que contará ca única meta volante da etapa. Momento no que os deportistas terán que facer o maior esforzo para acadar puntos importantes para a súa clasificación.
Compostaxe doméstica
Si desexan ter un composteiro para a xestión dos residuos orgánicos do fogar poden solicitalo á oficina do Concello. As compañeiras de Administración collerán os seus datos e tramitarán os pedidos.
Requisitos:
· Ter a primeira residencia no concello de Toén.
· Non ter un composteiro de anteriores campañas.
· Ter polo menos 50 metros cadrados de horta ou xardín.
· Comprometerse a estar presente ma vivenda para as visitas de seguimento da campaña.
Toén máis verde
Todos temos a obriga de coidar no posible o noso entorno, e por este motivo, o Concello de Toén deixará de utilizar herbicida nos nosos núcleos de poboación de forma inmediata.
Contratación das obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares.
A actuación que constitúe o obxecto do contrato, consiste nas obras de acondicionamento do espazo público no lugar de Mugares, no concello de Toén.
Na presente contratación non resulta posible a división do obxecto do contrato en lotes polo risco para a correcta execución do contrato procedente da natureza do obxecto do mesmo, ao implicar a necesidade de coordinar a execución das diferentes prestacións, xustificada en que, coa división en lotes do obxecto do contrato, perderíase a optimización do control da execución global do contrato.