SUBVENCIÓN AUGAS DE GALICIA ABASTECEMENTO
O Concello de Toén vén de recibir unha subvención de AUGAS DE GALICIA por importe de 47.868,88 €, ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aprobación as bases reguladoras para a concesión de subvencións a concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativa Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021, para a execución do proxecto MELLORA NA REDE DE ABASTECEMENTO E DEPÓSITO DE ALONGOS.
O dito investimento está financiado como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
Subvención IDAE
O Concello de Toén vén de recibir unha subvención do INSTITUTO PARA A DIVERSIFICACIÓN E AFORRO DA ENERXÍA (IDAE) DO MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA por importe de 319.755,08 €, ao abeiro do Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020 (BOE nº 144, do 17/06/2017), para a execución do proxecto RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ILUMINACIÓN EXTERIOR EN TOÉN (I), cun investimento total de 399.693,86 €, que constitúe a segunda fase dun ambicioso proxecto de renovación global da iluminación pública de todo o Concello.
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A EXPLOTACIÓN DA ALDEA MODELO DE TRELLE
29 Ha dispoñibles para a explotación de gando en extensivo (vacún ou porcino) ou cultivo de frutais ou grao.
As Aldeas Modelo son unha aposta da Consellería de Medio Rural e os Concellos para recuperar e poñer en producción terreos en estado de abandono:
▪︎ Protexemos do lume o núcleo de poboación
▪︎ Os propietarios dos terreos perciben un rendemento polo aluguer, e sobre todo evitan ter que limpar as parcelas cada ano
▪︎ Ofrecemos unha oportunidade de negocio a unha familia ou empresa para que poda vivir do rural a menos de 15 minutos de Ourense.
A Consellería de Medio Rural fai a inversión completa para entregar a Aldea Modelo completamente pechada, e coas instalacións precisas para a explotación según o proxecto que resulte gañador.
Inversións superiores aos 120.000€ das que se beneficiará o proxecto gañador.
TOÉN DE POBO EN POBO
Chega de novo o programa de actividades de verán.
Descargate aquí o cartel para telo a man e non perder ningunha actividade.
Oferta de emprego
Temos aberto o proceso para a contratación de socorrista para a piscina municipal, engadido ao socorrista actual, durante a tempada de verán.
Imprescindible estar en situación de desemprego.
Mais informacion chamando ao concello.
Charla sobre Acollemento Familiar
O xoves 17 de Xuño as 19:30 terá lugar no salón de plenos do concello unha charla sobre acollemento familiar.
O aforo será limitado e para asistir terán que entrar nesta ligazón e inscribirse: