II CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL
Un ano máis chega o concurso de decoración de Nadal, nesta ocasión con dúas categorías; individual e en grupo.
Para poder ser admitido no concurso un grupo deberá estar integrado por alomenos 5 membros. A participación na categoría de grupo non impide que un veciño poida participar na categoría de individual.
A inscripción realizarase enviando unhas fotografías, situación exacta, datos identificativos da persoa ou persoas que participan e categoría na que participan.
Fecha límite de inscripción 23/12/2021 a las 14h.00
BASES II CONCURSO DE DECORACIÓN DE NAVIDAD
Día Internacional contra a Volencia de Xénero
En Toén sentímonos comprometidos coa erradicación de calquera manifestación de violencia de xénero.
Hoxe as concelleiras Andrea Cruz Iglesias, Julia Vispo Losada e Rosa Maria Feijoo Rebollo visitaron a nosa gardería Galiña Azul, o noso Ceip Saco e Arce e o noso Centro de Día para agasallar a todos os nenos, nenas e maiores coa nosa taza de “Toén, nin máis, nin menos♀️♂️”.
Grazas aos equipos directivos do CEIP Saco e Arce, Galiña Azul e Centro de Día por acoller esta iniciativa do Concello de Toén.
Remodelación do miradoiro
Así de bonito quedou o mirador do banco máis bonito do mundo en Puga despois de engadir un novo chan de madeira, bolardos para evitar a entrada de coches e pintar las paredes da estructura de formigón para que quede mellor integado na paisaxe
Esta en una actuaión levada a cabo gracias a colaboración da Axencia Gallega de Turismo da Xunta de Galicia.
Pelos na lingua
O 31 de outubro as 19.00h na Casa da Cultura de Moreiras teremos a obra “PELOS NA LINGUA”. Coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística.
Obra para todos os públicos. Non é unha obra infantil.
Aforo limitado ao número de cadeiras.
Entrada gratuita.
VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Outro ano máis celebramos o concurso de fotografía donde a foto gañadora será exposta no calendario do concello. Bases do concurso